Una Aldea a la Venta por 62.000€ , una oportunidad ...

PENA VELLA, O POBO MÁS BARATO DE ESPAÑA
Unha aldea por 62.000 euros
Etiquetas: reportaxe, barato, pobo, Pena Vella, aldea
19/04/2013 - Isabel García Fernández / El Progreso (Ribadeo)
Unha inmobiliaria especializada en patrimonio rústico, que vendeu recentemente un barrio pontenovés despoblado, comercializa agora o núcleo deshabitado máis económico de España, tamén na Pontenova.
UNHA CANLE DE TELEVISIÓN alemán acudiu onte á Pontenova a gravar imaxes do pobo que, hai pouco máis dun mes, compraron por menos de 100.000 euros uns ingleses. O axente inmobiliario responsable da venda, José Armando Rodil López, natural de Taramundi, afronta unha axenda completa estes días: «Este fin de semana, máis televisións, entre elas Antena 3 e a Televisión de Galicia, virán tamén a facer reportaxes na zona», afirma. E é que agora os focos están centrados na «aldea máis barata de España, a de Pena Vella, tamén pontenovesa, que se pon á venda por 62.000 euros», sinala.
Características
A aldea está «moi preto da Pontenova, a uns cinco quilómetros e en dirección Lugo», sinala o axente do portal inmobiliario con máis experiencia de España na venda de propiedades rústicas, aldeasabandonadas.com. «A casa principal, de pedra, é moi grande e aínda que o tellado está mal, a parede está en perfectas condicións», sinala o vendedor, que tamén inclúe na tasación «un cabozo ou hórreo, unha adega e tres casas accesorias, nas que por exemplo, poderíase habilitar unha cuadra para cabalos», propPENA VELLA, O POBO MÁS BARATO DE ESPUnha aldea por 62.000 eurEtiquetas: reportaxe, barato, pobo, Pena Vella, alde19/04/2013 - Isabel García Fernández / El Progreso (Ribadeo)
Unha inmobiliaria especializada en patrimonio rústico, que vendeu recentemente un barrio pontenovés despoblado, comercializa agora o núcleo deshabitado máis económico de España, tamén na Pontenova.
UNHA CANLE DE TELEVISIÓN alemán acudiu onte á Pontenova a gravar imaxes do pobo que, hai pouco máis dun mes, compraron por menos de 100.000 euros uns ingleses. O axente inmobiliario responsable da venda, José Armando Rodil López, natural de Taramundi, afronta unha axenda completa estes días: «Este fin de semana, máis televisións, entre elas Antena 3 e a Televisión de Galicia, virán tamén a facer reportaxes na zona», afirma. E é que agora os focos están centrados na «aldea máis barata de España, a de Pena Vella, tamén pontenovesa, que se pon á venda por 62.000 euros», sinala.
Características
A aldea está «moi preto da Pontenova, a uns cinco quilómetros e en dirección Lugo», sinala o axente do portal inmobiliario con máis experiencia de España na venda de propiedades rústicas, aldeasabandonadas.com. «A casa principal, de pedra, é moi grande e aínda que o tellado está mal, a parede está en perfectas condicións», sinala o vendedor, que tamén inclúe na tasación «un cabozo ou hórreo, unha adega e tres casas accesorias, nas que por exemplo, poderíase habilitar unha cuadra para cabalos», propón.